Página de inicio 2

Unha rede 100% galega para manternos unidas e coidarnos en tempos de crises

A Sabia é unha forma de satisfacermos necesidades sen euros. Xerar ingresos, descubrir proxectos, atopar cousas, regalar, trocar ou facer alianzas fronte o colapso a través dunha aplicación.

Priorizar o local á hora de consumir. Darlle unha nova vida aos obxectos. Reforzar as redes que xa existen. Facer que os cartos circulen. Protexernos da inflación. Non deixar a ninguén atrás.

A través da App Cyclos4 utilizamos as sabias de forma gratuita e cómoda. Terás o teu saldo en Sabias e poderás pagar con elas. Podes ver como funciona nos nosos titoriais.

Revisa o que podes mercar con ela e contactar con calquera usuaria para realizar un intercambio. Tes que ofrecer cousas no mercado online subindo anuncios (coma un wallapop ou unhas páxinas galegas), e a medida que a rede medre verás como se van notando as vantaxes de ter maior liquidez cos nosos propios cartos.

Non hai euros detrás da Sabia. Ten valor porque podes conseguir bens e servizos con ela. Un valor que lle damos entre todas ao subir ofertas cas que conseguilas.


O respaldo da Sabia descansa na nosa capacidade de satisfacer necesidades sen euros. Recorda que existe o risco de que perdan a súa utilidade se a rede deixa de funcionar.

Cando te rexistres aparecerás no mapa. Comezas sen Sabias así que sube anuncios. Podes aceptar 100% en sabias ou unha porcentaxe dos teus prezos. Dámosche liberdade para que uses a aplicación como queiras.


Tamén podes comezar a conseguila colaborando nas actividades e tarefas que organizan proxectos galegos de carácter ambiental e social que vamos seleccionando nas reunións online de traballo aproximadamente cada mes.

Máis fácil non se pode poñer. En 5-10 min tes creada a túa conta!

Se estás usando ordenador Rexístrate aquí

E para usar a Sabia dende o móbil, descarga a app Cyclos 4 e introduce a dirección:

communities.cyclos.org/ASabia

Funcionamos con traballo voluntario.

Tomamos as decisións do día a día por consenso en reunións de traballo periódicas nas que calquera pode participar. Canta moeda crear e que proxectos a reciben. Para decisións importantes facemos asambleas, a poder ser presenciais. Calquera pode responsabilizarse dalgunha das tarefas que temos concretado, e recibir unhas Sabias de agasallo. Convidando a outros comercios e tendas podedes conseguir 30 Sabias! (20Sb ti e 10Sb elas).

Anímate a participar!

Non é coma se moitas soubésemos como funcionan os euros, pero por se queres curiosear, este é o noso deseño monetario, co que logramos unha moeda segura e estable.

Este deseño confírelle as seguintes características:

  • Moeda dixital de uso sinxelo dende teléfonos móbiles e ordenadores, co mesmo valor que un euro.
  • Aceptala representa un compromiso real co consumo dentro da rede (non se pode cambiar por euros).
  • Mercado online gratuito para ofertas de bens e servizos co que contactar directamente coa tenda ou a persoa que os ofrece.
  • Mapa para consultar onde podes usala.
  • Uso libre a tódalas persoas e comercios que desexen unir forzas a través desta moeda para recuperar unha cultura da axuda mutua, cooperación e interdependencia.

Consulta as preguntas frecuentes!


Tamén podes pasarte a charlar ó noso grupo de Telegram e a enterarte das próximas reunións. As túas aportacións serán moi valiosas para nós.

Podes rexistrarte aquí e subir hoxe mesmo a túa primeira oferta

Aparicións en medios de comunicación

Este proxecto estase facendo a custe cero en euros e de forma participativa co apoio da asociación sen ánimo de lucro «O Consello da Sabia».

Somos moitos xabaríns, e temos que ser cen mil!
Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar