¿Que podes mercar coa Sabia?

Independientemente de que esteas ou non rexistrada xa podes consultar as cousas que as primeiras usuarias pioneiras están subindo premendo aquí. Poden parecer poucas pero seguro que en pouco tempo hai moitas máis.

Nesta primeira fase de lanzamento estamos creando unha rede inicial de comercios e persoas que se vaian comprometendo a aceptala a partir do día que presentemos públicamente a moeda e fagamos a primeira creación monetaria, que poderemos repartir entre as primeiras participantes do proxecto para que comecen a circular entre nós. Aínda que no haxa moeda en circulación xa nos podemos ir rexistrando na aplicación de Cyclos4 e comezar a poñer anuncios das cousas e servizos que ofrecemos cada unha de nós, para así formalizar o noso compromiso co proxecto e animar a outra xente a facelo.

Recorda que o que respalda fundamentalmente o valor da moeda é a xente que está disposta a aceptala a cabio do que ofrece. Os bens e servizos que se poden mercar con ela son o respaldo da moeda xa que non serve para nada máis que para gastala. Se non sabes moi ben en que a podes gastar non che convén acumular moita. Pero se pensas que o proxecto irá medrando e te apetece apoialo podes acumular o que consideres con vistas a que nalgún momento atopes un bo uso para elas, cando haxa moitas máis usuarias aceptando a moeda a cambio dos seus productos ou servizos.

Por todo isto faise imprescindible coñecer que se está a ofrecer neste momento en Sabias para así decidir canta moeda estamos dispostas a aceptar, de modo que vaiamos atopándolle un uso que nos satisfaga algunha necesidade real.

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: