Únete

Antes de nada, se queres unirte pero precisas axuda ou asesoramento sobre como facelo de forma conveniente podes contar coas voluntarias que estamos detrás do proxecto que temos un grupo de traballo específico para a acollida de novas usuarias.

Para comezar propoñémoste varias opcións para colaborar co proxecto:

  • O máis sinxelo que podes facer é rexistrarte na aplicación e dar a coñecer o que ofreces, comprometéndote a aceptar Sabias. Desta maneira respaldas o valor da nosa moeda e contribúes a manter un valor estable.
  • Acode ás reunións virtuais (que son bastante informais) e participa na toma de decisións sobre a óptima asignación da moeda que se poida crear. Fai que a túa forma de ver o mundo e os teus valores conten. Desta maneira enriqueces á nosa comunidade e facilitas unha mellor intelixencia colectiva.
  • Colabora coas tarefas voluntarias a través da reunión virtual que temos periodicamente que durante 2020 é na que decidimos todo.
  • Se sodes un colectivo, asociación, empresa, ONG ou calquera outro tipo de organización ofrecédevos a aceptar a moeda.

Se precisas que che botemos unha man ou se se che ocorre outra forma de colaborar contáctanos por mail (ASabia@protonmail.com), coméntao en Loomio ou no grupo de Telegram.

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: