Colaboracións

Estes son os proxectos que reciben a moeda que creamos e a poñen en circulación agasallándoa a quenes colaboran con eles en actividades de coidado medioambiental ou social. A medida que aumenta o número de usuarias que coñecen a moeda, que a usan para intercambiar bens e servizos ou que botan unha man para que todo funcione, o valor real da moeda aumenta e por conseguinte podemos creala mantendo o seu valor.

Aquí podes coñecelos e ver de que maneira utilizan as Sabias que reciben.

Monte Veciñal de Couso

O monte veciñal de Couso xa recibe a nosa moeda para realizar xornadas de deseucaliptización e nun futuro outras actividades nas que ti tamén podes participar para conseguir as túas primeiras Sabias. Promove unha xestión do monte democrática e con criterios medioambientais, así como favorecer o encontro entre as persoas na natureza. Deixámosvos un par de vídeos sobre esta forma de xestión do monte e sobre o Monte de Couso:

Montes veciñais recoñecidas por Nacións Unidas (Escarabajo Verde)
Algunha das actividades que levaron a cabo foi replantación de árbores

Verdegaia

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega que se sumou atrevidamente tamén á nosa moeda e vai recibila para fomentar a participación nas súas actividades. En concreto nas brigadas deseucaliptizadoras coas que tamén colaboran outras asociación de veciñas en montes comunais. Podes apuntarte como brigadista na súa web e recibirás notificacións das próximas xornadas que se van facendo ao longo da xeografía galega. Malo será que non che toque algunha cerca para pasar unha mañá de traballo no monte e recibir unha pequena cantidade de Sabias ao remate de agasallo.


EPONA Terra

Un colectivo adicado a recuperar terreos e cultivalos baixo os criterios da permacultura para pasar un bó rato e reconectar coa natureza ao tempo que se produce comida saudable e de forma respetuosa co medio ambiente. A cantidade de cousas que esta xente está poñendo en marcha é abraiante (recuperación dun forno de leña, talleres e cursos, educación libre…), ainda que non dan moitas sinais de vida no grupo últimamente (XD). En breves realizaran actividades nas que as participantes recibirán a nosa moeda.


Se coñecedes algún proxecto que poida impulsar a participación nas súas actividades, que teña un marcado carácter social ou ambiental contactádeos e lles comentamos que terían que facer para recibir a Sabia eles tamén. Se coñeces ou participas nalgún colectivo ou asociación e organizades actividades abertas á calquera que redunden no coidado do ben común ponte en contacto para repartir Sabias vós tamén e que así se empece a mover pola vosa zona. Os requisitos son sinxelos:

  1. Ter un marcado carácter social ou ambiental
  2. Explicar o funcionamento da moeda ás participantes e animalas a subir ofertas
  3. Axudar na difusión da moeda para que cada vez se acepte en máis sitios
  4. Aceptala a modo de doación, porcentaxe da cota de socia ou a cambio de bens e servizos que ofertedes

Construamos algo xuntas.


Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: