Vantaxes, beneficios e riscos.

Os beneficios

A pesar de que existen menos opcións onde utilizala que o euro, unha moeda con este deseño ten o potencial de crear grandes beneficios:

  • Para comezar a ofrecer productos e servizos terás que recoñecer todo o que podes ou estas a aportar á túa comunidade. É hora de poñerse en valor a unha mesma.
  • Unha moeda que circula localmente permite que cada vez que a gastas sexa máis fácil que acabe volvendo a ti.
  • Se tes unha tenda ou unha pequena empresa verás como aumenta a túa facturación ao tempo que chegas a novas clientas.
  • Podes participar na asamblea que goberna a túa moeda e facer que a túa forma de ver o mundo conte igual cas das demáis.
  • Se sodes un proxecto dedicado a mellorar a sociedade e coidar da natureza podedes recibir axudas en moeda galega.
  • Reforza vínculos comunitarios xa que permite coñecerse, colaborar e decidir colectivamente que valores facer realidade.
  • Apréndese moito sobre ese gran descoñecido que é o diñeiro e as regras que o gobernan.

O risco

Que a moeda deixe de usarse e polo tanto non sirva para mercar nada. Isto pode suceder por moitos motivos pero todos teñen que ver cunha perda da confianza na moeda.

O risco só o asumen as persoas que teñen a moeda nas suas contas sen utilizar. Ademáis canto menor é o número de usuarias máis fráxil é o sistema.

Medrar, clave para o éxito.

Cunha ampla comunidade de usuarias comprometidas os riscos diminúen e os beneficios aumentan considerablemente. Por iso é tan importante asegurarse de que a expansión da moeda ocorre de forma sinxela e sen fricción ata lograr unha masa crítica de usuarias.

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: