Preguntas frecuentes

¿Por qué unha moeda rexional?

  • Principalmente para que os cartos circulen nun territorio concreto e así xeren un beneficio económico e ecolóxico, xa que se incentiva o aproveitamento dos recursos de proximidade dispoñibles, a reparación e a reutilización.

¿Quén acepta as Sabias como moeda?

  • Persoas autoempregadas, comercios, tendas, pequenas e medianas empresas e todo tipo de espazos e organizacións por toda Galicia. Podes consultar aquí todo o que se ofrece en este momento en Sabias.

¿Como podo conseguilas?

  • A forma máis sinxela é ofrecer os teus bens ou servizos na aplicación rexistrándote aquí. Pero tamén podes mercala con euros en calquera local da rede. Podes atopar na aplicación un mapa con todas as tendas que aceptan a Sabia e que estarán encantadas de venderche algunhas.

¿Como se controla o valor?

  • Estamos comprometidas a manter un valor estable, equivalente ao euro, por unha cuestión de simplicidade á hora de establecer prezos. A forma en que o logramos é axustando a creación monetaria ao valor real que respalda ao proxecto. Para isto observamos a percepción que ten a xente sobre o valor da nosa moeda no mercado. Garantimos que aceptar a moeda non supoña ningún esforzo/sacrificio para ninguén.

¿Pódense cambiar Sabias por euros?

  • Non, as Sabias que gañes só serven para gastalas nos productos e servizos que se oferten na rede. Se eres unha tenda con local físico pode que se achegue alguén querendo mercar Sabias con euros. Ou se cadra algunha amiga chas quere mercar. Só nestes dous casos tedes a opción de cambialas de volta por euros.

¿Cómo deixar de usar a moeda?

  • Podes pechar a túa conta no momento que queiras pero é recomendable, polo teu propio interese, que gastes a moeda antes de marchar ou que fagas unha doación a algún colectivo. Nesta moeda todas empezamos dando para despois recibir. Ninguén está en débeda con ninguén.

¿Para qué facer outra moeda social?

  • A Sabia ten un deseño moi peculiar que pode traer consigo un impacto diferente ao de outras moedas sociais, bancos de tempo ou redes de troco. Consideramos que o enfoque deste proxecto (o estilo da comunicación, a forma de funcionar, as tecnoloxías que se utilizan, etc…) son unha achega orixinal ao mundo da economía alternativa. Ademáis pensamos que é positivo contar cunha diversidade de opcións monetarias superpostas que poidan axudarse unhas as outras.

¿Como unir beneficios económicos a valores sociais?

  • Os beneficios económicos xurden rápidamente cando nos comprometemos a facer un consumo de proximidade, e os valores sociais toman forma a través da asamblea, que decide como se introducen as Sabias que creamos na nosa economía, recoñecendo desta maneira formas de valor invisibilizadas a través de proxectos exemplares na defensa do medio ambiente, na inserción social e en moitos outros fins desexables.

¿Que se fai cos euros cando alguén merca Sabias?

  • Soamente se poden mercar Sabias con euros nas tendas e comercios da rede, se teñen Sabias acumuladas. O que fagan as tendas con eses euros é cousa súa, seguramente pagar o alquiler do local ou ás suas proveedoras. Nós non xestionamos ningún fondo en euros.

¿Hai algunha dificultade engadida a nivel de impostos?

  • Non, as Sabias deben contabilizarse como euros. Se un comercio ou tenda recibe Sabias simplemente contabilizan o ingreso como se de euros se tratase. Nas transaccións informáis onde xa non é preciso declarar euros tampouco é preciso ningún esforzo extra. Máis información sobre legalidade aquí.

¿É unha moeda de crédito mutuo?

Ainda que na práctica ten un impacto similar a unha moeda de crédito mutuo a Sabia neste sentido parécese máis a outras moedas que coñecemos, xa que non admite valores negativos. Ademáis a moeda que se crea cada vez que aumenta o número de usuarias recibea algúns dos proxectos que decidde a asamblea, e as novas usuarias teñen que comezar aportando algo á rede, se cadra colaborando con algún destes proxectos.

¿Está respaldada 100% en euros?

Non, non está respaldada por ningún fondo de reserva en euros ou calquer outro activo financieiro. Isto non significa que non estea respaldada por algunha forma de valor. De feito o respaldo da moeda consiste nunha longa serie de cuestións: Utilidade práctica, reputación da asamblea, transparencia, compromisos de aceptar a moeda, productos e servizos que se ofertan na moeda, expectativas futuras, valores, etc…

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: