Saber máis sobre o deseño

¿Queres saber cal é o preciso mecanismo mediante o cal unha moeda nova pode xerar beneficios reais na súa contorna? Neste apartado explicamosche en detalle o funcionamento da moeda e os fundamentos que están detrás deste deseño. Adéntrate baixo o teu propio risco.

Fundamentos

Todo o deseño da moeda descansa sobre un principio básico común a calquer moeda. O respaldo da moeda debe ser igual que o valor de todas as moedas en circulación, polo que se o respaldo aumenta deben aumentar o número de moedas. Mentres esta relación se manteña constante o valor da moeda permanecerá sempre igual, aínda que cambie a cantidade de moeda en circulación (masa monetaria) ou o número de usuarias que a utiliza. Isto é fácil de comprender cun exemplo:

  • Imaxina que alguén chega á túa tenda e che pide pagar con unha moeda que non coñeces. ¿Que podería facer que decidises aceptala? Seguramente lle preguntases qué é o que se pode mercar con ela, porque isto é o principal respaldo do valor de unha moeda. Pero igual de importante sería saber cantas moedas hai en circulación, xa que a capacidade das tendas de aceptar a moeda no canto dos euros é limitada. Se para este caso resulta que hay bastantes tendas que a aceptan pero creouse unha enorme cantidade de masa monetaria quizáis estés disposta a aceptala pero a un prezo moi superior ca se fosen euros.

De forma natural dase un equilibrio similar ao da oferta e a demanda entre estas dúas variables das que depende o valor dunha moeda: o respaldo da moeda e a masa monetaria.

Se por algunha razón a relación entre respaldo e cantidade de moeda en circulación deixa de ser proporcional, o valor da moeda cambia. Isto reflexase na práctica en que os prezos das cousas que se mercan con esta moeda cambian. Outro exemplo:

  • Imaxina que sodes unha rede de comercios que aceptades entre vós unha moeda propia. De un día para outro hai o dobre de moeda en circulación pero seguides sendo o mesmo número de tendas, coa mesma capacidade de aceptar esta moeda. ¿Que farías ti? ¿Seguirías aceptando a moeda polo mesmo valor que antes? Seguramente ao cabo de un tempo os prezos na vosa moeda pasen a ser o dobre para compensar este aumento da masa monetaria. Máis diñeiro en circulación e mesmas cousas á venta produce un efecto coñecido como inflación: a subida de prezos xeralizada.

De momento xa coñecemos unha forma de respaldo, comprometerse a aceptar a moeda a cambio de bens ou servizos, pero o valor das cousas é moi subxetivo. Dúas cousas fundamentais que tamén respaldan o valor dunha moeda son a reputación e as expectativas futuras. Se un banco central ten fama de crear máis moeda da que a economía pode absorber producindo inflación elevada, entón a reputación desa moeda é mala, e polo tanto o atractivo de aceptala diminúe notablemente. Ninguén quere unha moeda con perspectiva de perder parte do seu valor cada ano, habendo cousas mellores que aceptar. Ou se por exemplo tes a crenza de que unha moeda vai valer máis no futuro, ¿non lle confire iso máis atractivo á hora de aceptala?

De feito o respaldo da moeda pode ser moito máis que compromiso de aceptala, reputación e expectativas. Pode ter un valor identitario, simbólico, pode ser que a tecnoloxía nos guste, a comodidade, a conveniencia de usala, o potencial para captar novos clientes, para conseguir recursos, para integrar a colectivos como migrantes ou paradas, para visibilizar o apoio mutuo e a economía invisibilizada dos coidados, pode ser que nos ofreza mellores garantías de seguridade ou que constitua unha maneira de asegurarse se o euro falla, se cadra unha forma de rebeldía co sistema monetario convencional, ou pode ser que polo feito de que outras persoas a usen nós tamén o queiramos facer ou que os valores que a moeda fai realidade sintonicen cos nosos e lle teñamos certo apego. Todo isto e moito máis son formas de valor que ten calquer moeda e que constituen o seu respaldo, e dependen da subxetividade de cada unha de nós.

Funcionamento

Xa que este respaldo é unha cuestión moi subxetiva debemos prestar atención aos indicadores que nos mostran se hai unha perda de equilibrio entre a masa monetaria e o respaldo. Debemos sondear cal é a percepción da xente, dos mercados, do valor da nosa moeda. Unha forma sinxela podería ser facer unha subasta pública e ver que cantidade de euros está disposta a dar a xente pola nosa moeda. Ademáis pode ser unha boa maneira de xuntar cartos para algún gasto concreto que non poidamos facer coa nosa propia moeda. Pero a forma máis sinxela de detectar a opinión da xente é realizar enquisas entre nós e estar atentas a cando aparezan dobres prezos, un en euros e outro en moeda social. Isto denota que a moeda non vale igual para toda a xente.

Pódese tolerar que existan diferentes percepcións sobre o valor da nosa moeda simultaneamente pero debemos ponderalas e atopar un equilibrio que garantice un valor promedio estable. Polo tanto o que cabe facer cada certo tempo é evaluar cal é o potencial para crear nova moeda en base ao aumento do respaldo a través de indicadores do mercado sobre o valor da moeda nese momento. Debemos percibir que para a xente a nosa moeda vale algo máis que os euros e que polo tanto están dispostas a aceptala como se de euros se tratase, polo que tamén observaríamos que hai un fluxo constante de xente interesada en cambiar os seus euros pola nosa moeda.

É curioso recoñecer que cousas tan intanxibles como o mero compromiso de aceptar a moeda, a confianza que se xera entre as usuarias e o deseño concreto da moeda que prioriza ter un impacto positivo a través de proxectos xa son formas subxetivas de valor que constitúen parte do respaldo do valor da moeda. Desta maneira a creación desta moeda é unha forma de contrato que nos invita a cooperar cas demáis persoas que deciden utilizala, e isto ten valor por si mesmo. Un valor real, a pesar de que a creación monetaria se faga ‘da nada’. E este valor é un valor que podemos canalizar dende xa cara as tarefas máis necesarias deste momento histórico como son o coidado do medio ambiente e a das persoas que o precisan, a través de moeda de nova creación. Ao final esta ferramenta non é máis que unha forma de facer tanxible unha serie de valores que emanan da convicción por traballar xuntas por un mundo mellor, axudándonos unhas as outras e utilizando a razón e o coñecemento científico á hora de abordar os problemas aos que nos enfrontamos como sociedade.

A nosa moeda ofrece unha boa garantía de que quen a posee é porque contribúe activamente a mellorar o mundo.

Dinamización

O traballo máis importante que require esta moeda e o de dinamización. Facer difusión, formación, comunicación, transparencia e contribuír a que se satisfagan necesidades concretas das usuarias a través do que se ofrece na rede. Hai moitas tarefas que poden repercutir nun aumento do número de usuarias, nunha maior capacidade de aceptar a moeda ou nunha mellora no impacto que se logra mediante os proxectos que reciben a nova moeda. É unha ardua labor que require presencia en todo o territorio galego pero que consideramos que ten que ser voluntaria. Unha forma de garantizar que se controla adecuadamente a masa monetaria é que quen decide canta moeda se pode crear, a asamblea de usuarias, non sexa a mesma xente que a vai a recibir, os proxectos colaboradores. Todo este traballo repercute nun aumento da economía real que hai detrás da moeda e de outras formas de valor intanxibles que tamén contribúen ao respaldo do seu valor. Que o respaldo aumente é un requisito indispensable para poder crear nova moeda e así poder soster os proxectos encargados de xerar un impacto positivo.

Este traballo paralelo ao funcionamento do mercado online e dos intercambios coordinarase a través dunha ferramenta dixital, Loomio. En cada localidade galega na que se forme un pequeno grupo de persoas animadas a difundir o uso da moeda tamén poden coordinarse da forma que queiran. O principio básico é faino ti mesma. Todo suma e o proxecto é de todas. Ninguén pode ser imprescindible e todas temos algo único que aportar.

Faise especialmente importante un encotro presencial a nivel galego cada certo tempo no que realizar formación e compartir éxitos e fracasos para aprender unhas das outras e enfrontarse a retos maiores como a presenza nos medios de comunicación ou introducción de novas tecnoloxías como moeda física en papel ou outra aplicación dixital mellor.

Tecnoloxía

O proxecto comeza utilizando ferramentas gratuitas que permiten dar os primeiros pasos sen esforzo económico ningún. Pero existe un campo en grande expansión no relativo a tecnoloxías para crear comunidades de intercambio de bens e servizos e sistemas de gobernanza horizontal. É moi posible que vexamos nos próximos anos como ferramentas novas irrumpen neste sector e se cadra pode virnos moi ben subirnos ao carro destes avances que repercuten nunha maior seguridade para toda a rede, custes económicos baixísimos e maior representatividade e radicalidade democrática na toma de decisións e na coordinación do traballo colectivo. Contemplamos que o proxecto vaia mutando e que vaia inspirando outras moedas que apliquen os fundamentos de deseño desta para outros casos de uso, outras comunidades con valores diferentes e outras propostas tecnolóxicas.

Algunhas opcións de deseño descartadas:

  • Billetes e moedas físicos ou libretas en papel. (Conleva un custe en euros e un risco de falsificación)
  • Respaldo en euros permanente que garantice o cambio a euros da moeda, en maior ou menor medida, minimizando o risco de aceptala co que se facilita que o proxecto creza. (Hai que recadar e manter un fondo de euros igual ou proporcional á cantidade de moeda que queiramos crear)
  • Subvencións públicas e apoio institucional. (Non está garantizado, conleva moito traballo, esixe tomar forma legal, xera certa dependencia)
  • Contratación de entidade de pagos legal e cumprimento estricto con toda a normativa sobre diñeiro dixital. (Custa cartos, da traballo e esixe un fondo en euros. A nosa proposta ten un encaixe legal aceptable xa que non somos ‘diñeiro’ ao non garantizar cambio a euros e ter vocación de boa vontade entre veciñas, termos que ampara a lei.)
  • Emisión da moeda en base a crédito e non só doación a proxectos. (Engade complexidade á hora de comprender o funcionamento da moeda, o apoio a proxectos non é tan directo, require avaliar a calidade dos préstamos que se conceden, é un traballo que poden asumir actores dentro da rede sen necesidade de ser a organización.)
  • Plataforma que permita interoperabilidade con outras moedas facilitando así o seu cambio por outras divisas, dando maior utilidade ás usuarias pero xerando volatilidade no seu valor. (Require tecnoloxías que neste momento non son gratuitas, facilita a especulación, reduce o grado de compromiso que se asume ao aceptala)
  • Grupo promotor profesional e remunerado. (Require cartos e engade complexidade e tempo ata lanzar a moeda así como dependencia co persoal asalariado e risco de servir intereses particulares)
  • Traballo voluntario remunerado con moeda de nova creación. (Dificulta un bó control da masa monetaria, desvía o foco de atención do impacto que se quere conseguir, engade dificultade na toma de decisións)

En xeral primouse facer algo sinxelo, autónomo, rápido e barato. Seguro que hai deseños moito mellores pero ante todo este pretende ser eficiente.

Podedes profundizar máis no tema do deseño monetario a través desta selección de documentais e vídeos e sobre todo participando e asistindo a algún evento formativo.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: