Conseguir Sabias convidando ao comercio local

Na última reunión de traballo virtual que fixemos quedou claro que somos moitas as que vemos que precisamos poñer máis moeda en circulación para que poidan darse máis intercambios entre nós. Ata o de agora conseguir a moeda foi moi complicado, xa que case ninguén tiña Sabias e só se podían conseguir asistindo a unha xornada deseucaliptizadora. Unha forma de cambiar isto sería establecendo máis colaboracións con proxectos que organizaran mais actividades onde poder colaborar. Pero isto tamén leva o seu tempo.

Por iso decidimos durante os meses de Abril e Maio de 2021 que as persoas que conviden a unha tenda ou profesional á usar a moeda e subir o seu primeiro anuncio non só recibirán 10 Sabias se non que a tenda que se una tamén. Así que xa sabedes, por cada nova empresa que se anime a aceptar a moeda (aínda que sexa simplemente nunha porcentaxe dos prezos) podedes conseguir 10 Sabias, sempre que notifiquedes no mail da Sabia (asabia@protonmail.com) a correspondente adhesión da vosa parte antes do 1 de Xuño de 2021. En caso de recibir varios correos para o mesmo comercio serán entregadas só á primeira persoa que o notifique da súa parte.

Só se terán en conta aqueles comercios ou profesionais dados de alta (por establecer algún criterio fácil de comprobar) e non persoas ou proxectos de carácter informal.

Ademáis todos os comercios e profesionais que xa forman parte da rede recibirán tamén 10 Sabias. Parécenos importante coidar das usuarias pioneiras que creen neste proxecto nestes inicios nos que a utilidade da moeda todavía non é moita.

Esperamos conseguir con isto aumentar o número de lugares nos que poder usar a moeda e ao mesmo tempo animarvos a todas a tomar a iniciativa. Podedes pedir folletos no grupo de traballo de difusión en telegram para facilitar a vosa tarefa de expansión da moeda.

Un saúdo!

Resumo mensual Nº2. Marzo 2021

Pasaron uns meses dende o último resumo mensual pero é que a Sabia cocíñase a lume lento. Non hai ningún tipo de premura que nos faga implicar máis forzas das que temos, xa que a nosa moeda mantén o seu valor no tempo. Estamos abertas a que cada vez sexamos máis as que vamos facendo cousiñas de cando en vez para coidar o proxecto pero de momento este é o ritmo que damos mantido.

Nesta ocasión traemos noticias fresquiñas e moi enerxizantes:

Deseñáronse uns trípticos porque xurdiu a necesidade de pasarnos a difundir a moeda por algúns comercios interesados e nos parecía que axudaría moito deixarlles algo que explicase brevemente os pasos a seguir para comezar a usar a moeda. Este foi o resultado:

E grazas á cooperativa gráfica Sacauntos S.Coop Galega imprimimos 500 trípticos, pagados 100% en Sabias de nova creación (108,90 Sb) , que debemos repartirnos entre nós para ir deixando nos comercios que mostren certo interese pola nosa moeda para animalos a dar o sinxelo paso de aceptala. De feito, en breves temos que organizar unha reunión presencial mantendo as medidas de seguridade para repartirnos estes folletos e facelos chegar a todas partes. Iso sí, non esparcilos ao chou se non deixalos onde xa teñamos un contacto previo feito e boas posibilidades de ter un novo puntiño no mapa.

Tedes aquí o arquivo pdf por se queredes imprimilo e repartilo pola vosa conta:

Por outra banda cabe recoñecer que durante un tempo estivemos todas bastante ocupadas e o número de persoas activamente difundindo a moeda segue a ser pequeno. Cando fagamos a próxima reunión de traballo online considera pasarte e ver que che apetece aportar. Soemos facer unha enquisa rápida no grupo de telegram para ver que día nos coincide mellor a todas. Se tes ideas de comercios, tendas ou empresas que poidan querer participar non preguntes, actúa! Faite cuns folletos e pásate por alí.

Recéntemente fomos convidadas á primeria conferencia iberoamericana de moedas sociais a dar a coñecer a nosa moeda e o noso peculiar deseño que a fai diferente ao resto de moedas sociais que existen por outros lados. Será o Sábado 27 ás 17:00. Aqui tedes a web.

Tamén decidimos dar unha nova cantidade de moeda de nova creación ao Monte Veciñal de Couso en vista as próximas actividades de deseucaliptización, coidado e explotación do monte. Desta vez optamos por ir dando a moeda en cantidades máis pequenas para evitarmos que se acumulen de máis, como nos pasou con Verdegaia, que co tema Covid están tendo difícil poñer en circulación as 4500 Sb que lles deramos. Agora a Couso dímoslles 500 Sb de nova creación.

Outro avance foi adquirir por 25€ unha licencia de cyclos de por vida, para así contar con todas as funcionalidades (xa non hai límite máximo de anuncios e moitas cousas máis). A quenes puxeron os cartos regalóuselle unha catidade equivalente de Sabias de nova creación (25 Sb).

Tamén se fixo algunha reunión online e vimos como pouco a pouco vaise sumando xente nova ao grupo de telegram e cada semana atopamos novas ofertas na aplicación. Os intercambios reais aínda son pouco pero algún xa hai. É esencial que logremos ampliar o número de persoas, tendas e comercios que acepten a moeda, aínda que sexa a modo de desconto. Que cad vez haxa máis servizos que poidamos conseguir por Sabias e que máis e máis xente teña a fermosa experiencia de recibir e pagar ca nosa moeda.

E sempre quedan cousas faladas por facer, como pasar a visitar a quenes mostraron interese nun pasado cercano, agora sí, con folleto en man. Outra cousa pendiente é retirar Loomio do kit de ferramentas que imos usar xa que a versión gratuita ten demasiadas limitacións. Hai pendente polo tanto reescribir o modelo de funcionamento que pretendemos seguir en canto isto se faga máis grande en canto a cómo se decide canta moeda crear e que proxectos eleximos de entre os moitos que a queiran recibir. Malo será non atopar unha forma de facer votacións.

Aqui está a proposta de funcionamento actual:

E tamén nos falta cambiar algo na web para que se entenda mellor de que vai isto, porque xa van varios casos de persoas que nun primeiro vistazo non asocian á moeda aos múltiples usos que despois pode ter a nivel de intercambios posibles, e incluso pensan que non é gratuito participar nela. Ten que estar máis claro que somos unha rede onde botarnos unha man unhas ás outras, facer consumo local, mover cousiñas de segunda man, colaborar con proxectos…

“de primeiras pensaba que iba destinada a uns “fins concretos” e non esperaba para nada poder topar con servizos coma clases particulares, casas en cesión, amaños de aparellos…”

E bueno, pese a que nos corten as reunións en zoom aos 40 minutos e con isto da pandemia non poidamos espallar demasiado a moeda en actividades colectivas nin coñecernos en persoa imos avanzando e temos a ferramenta lista para o que veña.

En definitiva, este é o momento de que cada unha de nós, que creamos nesta ferramenta, a demos a coñecer e invitemos así a quen realmente o precisa a participar nesta rede, que son sobre todo o comercio local, as persoas autoempregadas e en definitiva todo aquel que queira ter maior relación cas súas veciñas.

Recordade que todo se fai de forma voluntaria e que se tes ganas de participar e ser unha máis tirando do carro só tes que facer unha proposta no grupo de telegram ou na próxima reunión virtual de traballo.

Unha forte aperta de parte de alguén que acredita no futuro.

Presentación online da moeda para grupos de consumo

Aquí tedes o vídeo do webinar que fixemos hoxe no que explicamos como funciona a ferramenta, resolvemos dúbidas e charlamos sobre como poder servir a que máis xente fagamos un consumo responsable e de proximidade:

Quedamos a vosa disposición para axudarvos no que precisedes para ver como empezar a aproveitar a moeda.

Invitadas ao IX Encontro estatal de moedas sociais

Esta finde tivemos a ocasión de presentar a nosa moed no encontro estatal celebrado este ano de forma virtual pola moeda Vilawatt.

Aquí está a mesa na que participamos xunto a outras dúas moedas de recente creación, a Mola de Terrasa e o Jurupi de Cuenca (Ecuador):

Deixámosvos a lista de reproducción con todos os videos das ponencias:

Un saúdo a todas!

Como se introducen as sabias na comunidade

O modo de creación e introducción de novas cantidades da Sabia na comunidade vai ser sempre a través de colectivos que realicen actividades concretas de interés social e/ou medioambiental.
O procedemento comezará por un primeiro contacto entre a asociación “Consello da Sabia”, encargada de vixiar o correcto uso da moeda social, e o colectivo interesado en colaborar coa comunidade de usuarios da Sabia, através das seguintes canles: pola canle de Telegram da Sabia, enviando un e-mail a ASabia@protonmail.com ou a través dos grupos creados en Loomio https://www.loomio.org/g/aFwxB642/a-sabia-moeda-galega.
Tras comprobar que os obxectivos do colectivo colaborador xeran un impacto beneficioso na transición hacia una sociedade máis comprometida social e medioambientalmente, se procede a identificar unha ou varias actividades concretas que o colectivo teña pensado organizar nun prazo breve de tempo. As actividades axeitadas para ser agasalladas con Sabias deben contar coa participación desinteresada de persoas, dispostas a facer unha labor altuista e non retribuida, con evidente carácter social e/ou medioambiental, com por exemplo a atención ás persoas maiores, xornadas de recuperación medioambiental, recuperación de terras para cultivos sostibles, axuda a colectivos desfavorecidos, etc.
Unha vez comprobadas as condicións antes mencionadas, acórdase entre o “Consello da Sabia” e o colectivo colaborador unha cantidade de Sabias a entregar ó colectivo Esta cantidade dependerá do número de actividades a realizar, a xente participante e os días que durará cada actividade, coas que se contemplan agasallar con Sabias. Para elo, o colectivo colaborador se compromete a crear unha conta na app da Sabia (https://communities.cyclos.org/ASabia dende calquer computador, ou instalando no móbil a app Cyclos 4, incluíndo o enlace anterior) e a animar ás persoas participantes nas actividades a crear cadansúa conta na devandita app.
Unha vez entregadas as Sabias ó colectivo colaborador, éste faise responsable da distribución das moedas entre os participantes das actividades.
Deste xeito, a creación de novas moedas vai acompasada co crecemento da comunidade da Sabia, evitando unha creación masiva de moedas que poidan dar lugar a un exceso de moedas que fagan depreciarse o valor e den lugar a efectos indeseables como a inflación dos precios en Sabias.
Así mesmo, tanto os colectivos colaboradores coma as persoas participantes se comprometen a dinamizar a circulación das Sabias colgando productos a vender ou servicios que poden prestar, aumentando o atractivo do mercado online dispoñible a través da app da Sabia.
É importante ter presente que os agasallos de Sabias nunca van pretender sustituir unha labor susceptible de ser remunerada e por iso mesmo todas as actividades candidatas a recibir Sabias deben ser feitas de xeito totalmente altruista. Débense evitar todas aquelas accións que pretendan establecer unha relación contractual con persoas, pretendendo facer o pago nesta moeda social.
Por último, as participacións altruístas tampouco se recompensarán por tempo indefinido, pois provocaría un aumento excesivo da cantidade de moedas en circulación, cos problemas que xa se mencionaron anteriormente, e incluso daría lugar a unhas condicións laborais por conta allea ó marxe da legalidade, que para nada se pretende fomentar, polo tanto cada proposta de actividades que se reciba deberá ter unha data de inicio e de fin establecida.
Todo este procedemento é un mecanismo temporal mentres somos poucos membros no Consello da Sabia, o órgano que decide a cantidade de sabias que deben circular en cada momento en base ó tamaño da comunidade de usuarios e o número de colectivos adheridos a este sistema. Mais adiante, cando haxa mais participación da comunidade de usuarios de Sabias se consultarán ós usuarios cómo se redifinirán estes criterios de decisión de creación de máis cantidade de Sabias.

As preguntas das usuarias

1. Porqué unha moeda nova, non basta co euro?

Nos países do sur non é suficiente, sen dúbida. As estatísticas económicas mostran que o 98% do diñeiro que chega aos bancos, éstes invístenos no mercado de capitais, coloquialmente chamado “o casino financeiro”; só o 2% se reinviste na economía local, co resultado que falta diñeiro para todo.

A moeda social é a resposta que a cidadanía dá a este estado de cousas. É unha resposta na dirección da autosuficiencia e a solidariedade, para promover unha nova sociedade máis participativa, onde a falta de diñeiro, non sexa un problema para a existencia.

2. O euro está apoiado polo Banco Central Europeo e os gobernos. Quen apoia esta moeda social?
Esta moeda está apoiada fundamentalmente pola confianza mutua da cidadanía que a utiliza, polo traballo que lle dá valor e pola seriedade de todas as participantes.

3. En realidade o apoio dunha moeda social non é tan importante como a súa velocidade de circulación e as súas propiedades para facilitar o comercio. A moeda social non pretende ser unha moeda de reserva ou de acumulación de valor, casos en que seguramente tería máis sentido preguntarse polo seu apoio; a súa misión é aumentar a masa monetaria a disposición dos habitantes da cidade para satisfacer as súas necesidades de compra. Si vostede tivese a intención de poñer todos os aforros da súa vida en moeda social probablemente recomendariámoslle que abandonase a idea, non por falta de solvencia da moeda social, senón porque os aforros son para non gastalo e en cambio a moeda social nace cunha vocación de circulación, de cambiar de man constantemente. É así como cumpre o seu cometido.

6. Pódome atopar un día tendo un certo importe de moeda social sen poder cambiala en euros ou en produtos ou servizos?
Todo é posible neste mundo, o que conta é a probabilidade de que efectivamente suceda. Na práctica é moito menos probable que perda diñeiro do ocorrido cos bancos, por exemplo, que os clientes non puideron sacar os seus aforros de toda a vida. A asociación de cidadáns e produtoras que impulsa a moeda social está absolutamente determinada a manter o proxecto en todas circunstancias, xa que o proceso de dar impulso á economía local é irreversible, por necesario. Este proxecto, como os innumerables proxectos de moeda social que naceron en todo o mundo, non se orixina en “unha nova fórmula financeira” senón nun cambio total de mentalidade, o que se coñece como “transición”, o paso da antiga sociedade insolidaria á nova sociedade en rede, solidaria, cooperativa e con valores humáns. Desde o noso punto de vista este compromiso mutuo vale moito máis que ter diñeiro nun banco, e desde logo é máis sólido.

7. Cales son os fundamentos legais do sistema?

Na Unión Europea admítense dous tipos de moeda: Primeiro o euro, única moeda de curso legal, válida para acumular valor, por legalmente liquidar débedas, pagar impostos e emitir billetes de banco. É a ferramenta do comercio global. En segundo lugar, as moedas locais, sociais ou complementarias, a súa misión é estimular as economías locais e remediar a escaseza de moeda gobernamental causada polas insuficiencias do sistema financeiro. Das leis europeas extraen dúas consecuencias: falsificar euros está penado, emitir moeda social está permitido. Como proba diso, varias moedas sociais están apoiadas por concellos e outras entidades oficiais igualmente importantes.

8. E si o ilegalizan mediante un cambio das leis, que farán?

As leis europeas non cambian dun día ao outro, por decreto, senón mediante longos procesos lexislativos. Un cambio así sería difícil debido ás moitas moedas sociais existentes, a opinión pública e a forza dos votos que as apoian. Con todo, caso de suceder, procederiamos a unha pechadura progresiva e ordenado, polo que as perdas serían mínimas, si hainas, que non ten por que.

9. Onde e como podo conseguir moeda social?

Vostede pode vender produtos que fabrique, obxectos de segunda man ou servizos que proporcione. Por iso o mellor é anunciarse na aplicación.

10. Perdoe, pero sigo sen entender porqué me beneficia a moeda social. Pódemo volver explicar?

Vostede fai unha compra en euros, a tendeira lévaos ao banco, este pode investilos en bonos do tesouro a dez anos, ou nun fondo de investimento americano ou chinés. ¡desaparecerían do seu pobo ou cidade! Pola contra, si vostede paga en moeda social, ten a certeza de que a tendeira vai reinvistilo na poboación. Hai máis diñeiro para todas no segundo caso, pálpase máis fluidez económica. Usamos a moeda social en beneficio propio e de todas.

11. E onde a podo gastar, que comercios acéptana?

Observe os carteis que normalmente exhiben os comercios adheridos. Pode atopar unha lista deles na app da Sabia (https://communities.cyclos.org/ASabia#marketplace.advertisements.search), vale a pena controlar con frecuencia dado o ritmo expansionista na aceptación da moeda.

Nota:

O documento orixinal pódese atopar en: https://www.ineval.org/es/exterioridad/las-monedas-sociales/

As preguntas da comerciante

1. Porqué razón adherirme á moeda social?
Para aumentar vendas. Vostede debe pensar si a diminución de público débese a que os seus produtos non son desexados ou si é porque, desexándolles, a xente non os pode mercar porque non ten euros. A moeda social proporciona as compradoras un medio de pago complementario ao euro, aumentando a cantidade de diñeiro en circulación, xa que estimula as vendas.

2. Pero se cobro en moeda social, como pagarei ás miñas provedoras?
Supoñamos que traballa vostede cunha marxe X, o mesmo si é o 60% ou o 10%, o máis probable é que a súa provedora teña que pagarlle en euros, polo tanto é recomendable que venda os seus artigos en moeda mixta: X en euros e 100-X en moeda social. Concretando, si a súa marxe é do 35% nun produto que vostede fixou o prezo en 100€, pode vendelo por 65€, máis o equivalente de 35€ en moeda social.

3. Si igualmente vendo por un total equivalente a 100€, porqué vai mercar agora a clienta, si antes non o facía?
Porque en principio a clienta non se queixa de que o seu produto sexa caro senón que o seu problema é que non ten euros suficientes. Ao reducir a cantidade de euros que vostede lle esixe, está facilitando a venda, aínda que non baixe o prezo. Pense que o camiño tradicional para aumentar vendas, que consiste en baixar o prezo, representa unha mingua da súa marxe comercial que moi rapidamente pode levarlle a ter perdas, en cambio si cobra a súa marxe en moeda social facilita a venda sen perder marxe.

4. Pero que fago eu da moeda social?
Vostede fai o mesmo que o súa clienta, é dicir comprar nos establecementos que a acepten. A auga e a electricidade seguramente teraos que pagar en euros, pero, o alugamento (por exemplo) pode negociar unha parte en moeda social. En canto ao seu sustento persoal, que obtén da súa marxe, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística un 90% da “cesta da compra” realízase en tendas locais, que poden aceptar a moeda local, e só o 10% corresponde a compras externas á localidade, polo tanto en euros. Ademais, conven saber que hai cidades e pobos onde as empresas estableceron redes de intercambio baseadas na moeda social, é dicir que a súa utilidade non está limitada ás vendas polo miúdo. Esta moeda é A súa, pensada para darlle maior liquidez e favorecer os intercambios, a imaxinación dos empresarios pon o resto.


5. Cantos comerciantes aceptan xa a moeda local?
Todas as cousas empezan un día e teñen un período de lanzamento. Está claro que vostede pode pensar que ten un certo risco ata o día en que o número de comerciantes ou de usuarios sexa razoablemente elevado. Nós non queremos que vostede corra ningún risco e propoñémoslle que empezo cun 10% (5% segundo o ramo) en moeda social, de maneira que o peor que lle podería pasar é que faría un 10% (5%) de desconto na venda si non puidese cambiar a moeda social para produtos ou servizos que lle interesen, pero pense que si non se fixo seguramente non fixese esta venda, polo que en realidade gañou máis que perdeu.

6. Que pasa co IVE?
Non hai cambios respecto da súa situación actual, mesmo tipo, o mesmo importe, cóbrase en euros e págase en euros. Para aqueles productos que se ofrezca unha porcentaxe do valor en Sabias, só se declarará o IVE correspondente á proporción en euros do valor total do producto. Así mesmo, informámoslle que hai concellos que están empezando a aceptar o pago de certas taxas municipais en moeda local. Estamos dispostas a falar con aqueles concellos que así o soliciten.

7. É legal o que está facendo?
Sen dúbida, os estatutos do Banco Central Europeo prohiben a calquera persoa ou entidade “emitir billetes de banco denominados en euros”, o que sería un delito tipificado como falsificación de diñeiro. A nosa moeda non son euros nin pretende substituír o euro, é o que en Europa se chaman moedas sociais ou moedas locais, un sistema de promoción do comercio plenamente aceptado.

Só hai que cumprir os requisitos da Lei Europea do Diñeiro Electrónico, que en España publicouse o 27 de xullo de 2011; esta lei pon certas limitacións para que a nova moeda non sexa de uso universal, que non valla para pagar todo en todas as partes, e así que non sexa competencia do euro.

A nosa moeda cúmpreas. O Regulamento que desenvolve a citada lei é claro:

– Artigo 23. Redes limitadas.

– En virtude do artigo 1.3.a) da Lei 21/2011, de 26 de xullo, non estará suxeito á normativa reguladora de diñeiro electrónico, o valor monetario almacenado en instrumentos, cuxo uso estea limitado a:
-a) Nos establecementos do emisor, ou;

– b) dentro dunha rede limitada de provedoras que celebren un acordo comercial directo co emisor do instrumento.

– Considérase que o uso dun instrumento se circunscribe a unha rede limitada si só pode empregarse para a adquisición de bens e servizos nunha determinada cadea de provedoras de bens ou servizos, ou para unha serie limitada de bens e servizos, sexa cal for a localización do punto de venda.
-As provedoras de bens e servizos incorporadas a unha destas redes limitadas deben subscribir un contrato en virtude do cal recoñézanse as obrigacións comúns a todos eles para a aceptación do instrumento e os dereitos dos usuarios do mesmo que , en todo caso, deberán ser idénticos independentemente do provedora do ben ou servizo.

Nota:

O documento orixinal pódese atopar en: https://www.ineval.org/es/exterioridad/las-monedas-sociales/

Encaixe legal e contable

Seguramente se sodes unha pequena empresa, tenda, comercio ou unha persoa autónoma dada de alta teredes as vosas dúbidas a nivel de cómo incorporar a moeda no funcionamento da vosa empresa.

Para empezar adiantámosvos algo importante. É totalmente legal utilizar esta moeda sempre e cando se sigan un par de pautas básicas:

  • Cada vez que alguén che pague unha parte do prezo ou o total en Sabias debes rexistrar a cantidade total igual ca se fose un desconto o unha perda. Recordade que a nivel legal as Sabias non son diñeiro e parécense máis a un troco. Os comercios tamén teñen a opción de facturar todo coma se fosen euros pero non é necesario e haberá que ter en conta que o diñeiro en caixa será menor ao reflexado na contabilidade xa que unha parte serán sabias na conta do comercio.
  • Non se pode obrigar a ninguén a aceptar esta moeda e débese excluír de calquer contrato/relación estrictamente laboral. Temos dereito e queremos seguilo tendo a que se nos pague o noso traballo con euros. En caso de consensuarse libremente o seu uso viría a sustituir a calquer pago en efectivo sen ningún problema mentres se firme un recibín coa cantidade íntegra en euros. Recibir parte do teu soldo en euros e parte en outra cousa non sería nada novo xa que actualmente é posible pagar parte do salario das traballadoras en especia (parte da producción).
  • As empresas teñen a obriga legal de efectuar todos os pagos superiores a 1000€ mediante transferencia bancaria. Igual que non se pode pagar máis desta cantidade en efectivo entre empresas, tampouco se pode en Sabias. Para unha persoa particular o límite para pagar con efectivo son 2500€. Isto é o valor máximo recomendado que se pode pagar en Sabias tamén.

A nosa moeda é especialmente sinxela a nivel legal por unha cuestión: non está garantizado o seu cambio a euros por ningunha organización. Polo tanto non é considerada diñeiro dixital e parécese máis a un banco de tempo que en vez de medir as aportacións en horas as mide en Sabias. Ampárase na libre interacción de boa vontade entre veciñas (xa que está restrinxida ademáis a un territorio concreto), termos recollidos expresamente pola lei. Ademáis a súa aceptación é totalmente voluntaria é ten un funcionamento análogo aos vales desconto que moitas empresas emiten para fidelizar á súa clientela. Horas de aerolíneas, tickets regalo, etc… Teñen un valor en euros que se pode reflexar na contabilidade sen ser o mesmo que diñeiro en efectivo.

Unha crítica recurrente que reciben as moedas sociais, igual ca o diñeiro en efectivo, é que fomentan a economía sumerxida e a evasión de impostos. Nós pensamos, igual que moitas outras organizacións de renome como a fundación INEVAL, que tanto as moedas sociais coma o diñeiro en efectivo son ferramentas moi necesarias para que as persoas teñamos autonomía e privacidade no ámbito económico. Está claro que calquera ferramenta pode usarse para o ben e para o mal e iso depende das propias usuarias. Animamos a todas as nosas usuarias a facer un uso responsable da moeda e a declarar calquera actividade que legalmente o requira.

A Sabia non é moi diferente do diñeiro en efectivo en cuestións de privacidade: todas aquelas transaccións que hoxe en día xa non se rexistran seguirán sen rexistrarse se se fan con Sabias, e todas aquelas transaccións que hoxe quedan reflexadas na contabilidade de empresas e comercios seguirán quedando se se fan en Sabias.

De feito a Unión Europea recoñece que as moedas sociais como a nosa son ferramentas que conseguen cousas moi parecidas ás que pretenden conseguir os concellos e as administracións públicas: potenciar o comercio local, a inclusión social, o tecido asociativo e as redes de apoio mutuo entre a veciñanza. Son moitos os euros destinados a potenciar o uso destas ferramentas na UE, aínda que a nosa é unha iniciativa totalmente autónoma sen ningún tipo de recurso económico detrás.

Ademáis de axudar na consecución de todos estes obxetivos de desenvolvemento a moeda aumenta a facturación das empresas e con iso incrementa a recadación de impostos polo que contribúe dobremente a mellorar a sociedade, ao tempo que da máis liberdade aos individuos para elexir que forma de diñeiro utilizar nas súas relacións económicas privadas.

Entendemos que para relacionarnos co estado teñamos que usar o diñeiro que crea e controla o estado (ainda que cabe decir que os euros hoxe en día os crean os bancos sen control algún) pero debemos loitar pola liberdade á hora de elexir que medio de intercambio utilizamos nas relacións económicas entre particulares.

Bibliografía e enlaces de interese:

https://ec.europa.eu/regional_policy/en/projects/belgium/community-currencies-get-into-action-for-local-development

https://drive.google.com/file/d/1QsFVOrdpr48J4KJLdESwqH-SJDQoXLFp/view

Primeira creación monetaria da Sabia!

Por fin chegou o día. Imos crear a primeira cantidade de Sabias que lle serán entregadas a Verdegaia, unha asociación ecoloxista, para repartir como considere entre as persoas que colaboren cos seus fins. En concreto a distribución da moeda vaise levar a cabo ao rematar unhas xornadas de coidado de montes veciñais. Deixámosvos o enlace á noticia:

Se queredes que o voso colectivo reciba Sabias poñédevos en contacto con nós para vernos en persoa e concretar cómo o faremos: asabia@protonmail.com

Resumo mensual Nº1. Setembro 2020

¿Qué esta pasando coa Sabia?

Últimamente estamos gañando tracción nos medios de comunicación. Saímos na Voz de Galicia e en Radio3.

Empezamos a espallarnos por algunhas redes de persoas afíns aos valores da moeda e familiarizados coas moedas sociais e bancos de tempo. Xa nos fixeron saber que hai bastante xente ao tanto do que estamos facendo e estamos seguras de que en canto comecemos a funcionar con normalidade, para o cal precisamos ser máis usuarias, e vexan a moeda funcionando na práctica, estarán encantadas de sumarse.

Estamos organizando presentacións da moeda por diferentes lugares de Galicia. Asistimos recentemente a unha reunión da Transformación Integral de Félix Rodrigo Mora, e próximamente iremos ao Casino de Carballo a unha actividade de REAS Galicia, a Chantada, a Coruña, a Gondomar e a Negueira de Muñíz, entre outras. E faremos un webinar con AGALBIT! Se alguén ten unha suxerencia de facer unha onde vive nos apoiaremos todo o posible.

Estivemos poñéndonos en contacto con diferentes colectivos que poidan chegar a ser colaboradoras da moeda e reciban Sabias de nova creación, sobre todo por mail e twitter, pero tamén tirando de amizades persoais. Esperemos que nas próximas semanas poidamos ter xa varios proxectos colaboradores e actividades abertas para colaborar e conseguir as nosas primeiras Sabias. Entre eles están comunidades de montes, asociacións ecoloxistas, grupos de comerciantes e ferias.

E xa chegamos a 30 usuarias na aplicación e no grupo de Telegram! Este é un gran logro xa que as primeiras 30 son as máis difíciles. Pronto seremos moitas máis se todas vamos comentando a idea. Leva 5 minutos rexistrarse e subir unha oferta de algún producto de segunda man ou algun servizo que poidamos prestar.

Pronto faremos unha reunión virtual á que vos invitaremos a todas xa que temos que tomar decisións relativas a canta moeda creamos para estas entidades colaboradoras, como facilitamos que cando as reciban a xente entenda a moeda e suba ofertas, e a que outros colectivos nos vamos achegando para que haxa cada vez máis tendas e comercios.

Últimamente se fixo: Manter as redes activas, conceder entrevistas, presentacións da moeda, moito boca a boca, contidos divulgativos sobre moedas sociais, e próximamente teremos un vídeo explicando como se usa a moeda específicamente para comercios.

Se queres aportar algo que consideres importante e que non se está a facer, ou queres sumarte ao que xa se está facendo comentao no telegram e ponte mans a obra xa que o traballo voluntario é aberto a calquera e canto máis repartido esté mellor.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora