Folla de Ruta

Fase 0: Definir a idea (Completada)

Durante a primeira fase do proxecto traballouse nun deseño e nunha ferramenta dixital para materializar este deseño, contando coa experiencia de persoas e proxectos de moedas alternativas que axudaron enormemente a decidir os aspectos clave que fan desta moeda unha aproximación orixinal no mundo das moedas alternativas, cuns obxetivos similares ao dos bancos de tempo, sistemas de crédito mútuo e redes de troco, pero cun mecanismo para realizar unha economía con valores moito mellor.

Fase 1: Pre-lanzamento (En curso)

Durante esta fase xa se poden rexistrar novas usuarias na plataforma pero non hai moeda en circulación. Queremos xuntar un mínimo de persoas, empresas e proxectos afíns comprometidas coa moeda e ver se existe ou non un interese real por utilizala. Para iso estamos realizando contactos e encontros abertos donde dar a coñecer a moeda e sobre todo lograr que se comprenda. A medida que se vaian incorporando novos proxectos (que percibirán parte da moeda que se vaia creando) iremos incorporándoos á páxina web, xa que son eles quenes encarnan os valores da moeda.

Lanzamento

Unha vez reunidas suficientes persoas comprometidas coa moeda realizaremos un lanzamento oficial da moeda a través dun encontro presencial en Compostela no que levaremos a cabo unha primeira asamblea na que decidiremos canta moeda crear e como nola repartimos entre as usuarias pioneiras que xa esteamos rexistradas. Tamén coordinaremos as tarfeas de dinamización. A partir deste momento xa poderemos realizar transaccións entre nós e comezar unha labor forte de difusión e expansión.

Fase 2: Expansión

Despois da primeira asamblea a moeda pasa a funcionar con normalidade como se establece no seu deseño. A medida que novas usuarias se incorporan á rede temos a posibilidade de realizar nova creación monetaria e decidir que proxectos reciben as moedas de nova creación. Todas entraremos na rede aportando, xa sexan os nosos saberes, recursos infrautilizados, a nosa forza de traballo, tempo, euros ou calquera outra forma de valor. De todas se espera que participemos activamente na gobernanza da moeda (asamblea) e na dinamización (traballo voluntario).

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: