Eventos

Neste proxecto apoiámonos moito en ferramentas dixitais pero sabemos que o presencial é fundamental para coidar as relacións humanas dentro da rede.

Aquí podes ver cando serán os próximos encontros presenciais, tanto presentacións da moeda, talleres formativos ou asambleas dos grupos locais, ademáis de cando será a nosa grandiosa asamblea anual, un evento central para construir estre proxecto entre todas. Pero ademáis podes consultar cando serán ás próximas reunións virtuais dos grupos de traballo para que teñas fácil unirte e aportar dende o primeiro día sen ter que desprazarte. Todas as actividades serán sempre abertas e gratuitas, e estades convidadas a curiosear, participar activamente e incluso organizar unha actividade onde vives para ir espallando a rede.

Asambleas e grupos de traballo

Estamos realizando unha reunión cada unha ou dúas semanas donde provisionalmente tomamos todas as decisións e coordinamos todo o traballo voluntario ata que a rede de usuarias activas medre un pouco máis. Esta reunión faise de forma telemática e aberta a quen queira participar en igualdade de condicións que as socias fundadoras, onde vamos avanzando temas de traballo e tomando decisións prácticas para consensuar o máis posible a acción colectiva do grupo.

Durante o ano 2020 calquer colectivo que se achegue con ganas de colaborar recibirá Sabias de nova creación e iremos actuando con axilidade mediante esta única reunión. A comezos do 2021 convocaremos a primeira asamblea constituinte onde levaremos a cabo o lanzamento oficial da moeda, recollendo xa a experiencia de quen se nos una neste primeiro ano, e comezaremos a funcionar de forma máis democrática mediante un funcionamento que temos acordado provisionalmente.

Únete ao grupo de telegram para recibir o enlace das próximas reunións online e da a túa opinión para fixar a data e hora que mellor nos veña a todas (Telegram permite facer votacións moi sinxelas).

Outras actividades

Durente uns meses estivemos centrados máis de cara a adentro pero agora voltamos con forzas renovadas para comezar a espallarnos por todo o territorio. Anímate e bótanos unha man para organizar unha presentación da moeda onde vives. Queremos que sexas ti a protagonista polo que o fundamental é que comprendas o proxecto e nos coñezamos para así coidar que estas presentacións se centren na creación de vínculos entre persoas e que reforzen a visión de todo o proxecto, apostar por unha economía máis Sabia.

Iremos publicando todos os eventos aquí e nas nosas redes sociais.


Eventos pasados

Día 19 de Outubro de 2019: Presentación da moeda en Santiago de Compostela na Casa do Matadoiro

Día 6 de Outubro de 2019: Presentación da moeda na Mostra do Posible

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: