A comunidade ponse en marcha

Durante estes últimos meses empezamos a ser maís as persoas implicadas co proxecto aportando diferentes puntos de vista na construcción inicial da comunidade. Pode que a simple vista non se aprecien avances sustanciais pero precisamente é porque queremos facer as cousas ben e de forma horizontal, e estivemos ultimando e retocando o proxecto co fin […]

¿Que se falou na presentación da Sabia en Santiago?

O Sábado pasado as asistentes que viñeron á presentación comentaron cousas moi interesantes e fixeron algunha proposta, despois de ter rematado unha breve presentación da moeda. Estas aportacións son as que fan que o proxecto vaia avanzando e mellorando cada vez máis. Parécenos importante que os temas que poñedes enriba da mesa sexan compartidos con […]

Poñemos a proba a Sabia ante unha audiencia crítica.

O pasado día 16 de Outubro do 2019 aproveitamos un taller que se realizou no IES A Guía de Vigo sobre as fintech para presentar como exemplo concreto de aplicación de novas tecnoloxías ao mundo das finanzas a nosa Sabia. Neste taller compartimos fundamentos básicos sobre as moedas (política monetaria e respaldo) e sobre como […]

Respondemos a dúbidas que chegan ao mail

Nos últimos días recibimos no mail da moeda algunha mensaxe na que se nos pedía aclaración sobre certos aspectos da moeda que non estaban suficientemente claros, ou suficientemente xustificados. Aproveitamos a oportunidade para intentar responder a estas dúbidas e compartir con todas vós as nosas respostas. Como veredes para responder a estas cuestións teremos que […]

Presentación do proxecto

Xa levamos meses traballando nesta moeda e coa axuda de diferentes persoas expertas neste tema logramos poñer a funcionar técnicamente unha moeda, aínda sen usuarias, cun deseño orixinal que prima a simplicidade e a facilidade para materializar uns valores comúns. Agora comeza un longo e permanente traballo de dinamización que esperamos que acabedes compartindo con […]

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora