Encaixe legal e contable

Seguramente se sodes unha pequena empresa, tenda, comercio ou unha persoa autónoma dada de alta teredes as vosas dúbidas a nivel de cómo incorporar a moeda no funcionamento da vosa empresa.

Para empezar adiantámosvos algo importante. É totalmente legal utilizar esta moeda sempre e cando se sigan un par de pautas básicas:

  • Cada vez que alguén che pague unha parte do prezo ou o total en Sabias debes rexistrar a cantidade total igual ca se fose un desconto o unha perda. Recordade que a nivel legal as Sabias non son diñeiro e parécense máis a un troco. Os comercios tamén teñen a opción de facturar todo coma se fosen euros pero non é necesario e haberá que ter en conta que o diñeiro en caixa será menor ao reflexado na contabilidade xa que unha parte serán sabias na conta do comercio.
  • Non se pode obrigar a ninguén a aceptar esta moeda e débese excluír de calquer contrato/relación estrictamente laboral. Temos dereito e queremos seguilo tendo a que se nos pague o noso traballo con euros. En caso de consensuarse libremente o seu uso viría a sustituir a calquer pago en efectivo sen ningún problema mentres se firme un recibín coa cantidade íntegra en euros. Recibir parte do teu soldo en euros e parte en outra cousa non sería nada novo xa que actualmente é posible pagar parte do salario das traballadoras en especia (parte da producción).
  • As empresas teñen a obriga legal de efectuar todos os pagos superiores a 1000€ mediante transferencia bancaria. Igual que non se pode pagar máis desta cantidade en efectivo entre empresas, tampouco se pode en Sabias. Para unha persoa particular o límite para pagar con efectivo son 2500€. Isto é o valor máximo recomendado que se pode pagar en Sabias tamén.

A nosa moeda é especialmente sinxela a nivel legal por unha cuestión: non está garantizado o seu cambio a euros por ningunha organización. Polo tanto non é considerada diñeiro dixital e parécese máis a un banco de tempo que en vez de medir as aportacións en horas as mide en Sabias. Ampárase na libre interacción de boa vontade entre veciñas (xa que está restrinxida ademáis a un territorio concreto), termos recollidos expresamente pola lei. Ademáis a súa aceptación é totalmente voluntaria é ten un funcionamento análogo aos vales desconto que moitas empresas emiten para fidelizar á súa clientela. Horas de aerolíneas, tickets regalo, etc… Teñen un valor en euros que se pode reflexar na contabilidade sen ser o mesmo que diñeiro en efectivo.

Unha crítica recurrente que reciben as moedas sociais, igual ca o diñeiro en efectivo, é que fomentan a economía sumerxida e a evasión de impostos. Nós pensamos, igual que moitas outras organizacións de renome como a fundación INEVAL, que tanto as moedas sociais coma o diñeiro en efectivo son ferramentas moi necesarias para que as persoas teñamos autonomía e privacidade no ámbito económico. Está claro que calquera ferramenta pode usarse para o ben e para o mal e iso depende das propias usuarias. Animamos a todas as nosas usuarias a facer un uso responsable da moeda e a declarar calquera actividade que legalmente o requira.

A Sabia non é moi diferente do diñeiro en efectivo en cuestións de privacidade: todas aquelas transaccións que hoxe en día xa non se rexistran seguirán sen rexistrarse se se fan con Sabias, e todas aquelas transaccións que hoxe quedan reflexadas na contabilidade de empresas e comercios seguirán quedando se se fan en Sabias.

De feito a Unión Europea recoñece que as moedas sociais como a nosa son ferramentas que conseguen cousas moi parecidas ás que pretenden conseguir os concellos e as administracións públicas: potenciar o comercio local, a inclusión social, o tecido asociativo e as redes de apoio mutuo entre a veciñanza. Son moitos os euros destinados a potenciar o uso destas ferramentas na UE, aínda que a nosa é unha iniciativa totalmente autónoma sen ningún tipo de recurso económico detrás.

Ademáis de axudar na consecución de todos estes obxetivos de desenvolvemento a moeda aumenta a facturación das empresas e con iso incrementa a recadación de impostos polo que contribúe dobremente a mellorar a sociedade, ao tempo que da máis liberdade aos individuos para elexir que forma de diñeiro utilizar nas súas relacións económicas privadas.

Entendemos que para relacionarnos co estado teñamos que usar o diñeiro que crea e controla o estado (ainda que cabe decir que os euros hoxe en día os crean os bancos sen control algún) pero debemos loitar pola liberdade á hora de elexir que medio de intercambio utilizamos nas relacións económicas entre particulares.

Bibliografía e enlaces de interese:

https://ec.europa.eu/regional_policy/en/projects/belgium/community-currencies-get-into-action-for-local-development

https://drive.google.com/file/d/1QsFVOrdpr48J4KJLdESwqH-SJDQoXLFp/view

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: