A comunidade ponse en marcha

Moitas das usuarias activas coñecímonos na Mostra do Posible

Durante estes últimos meses empezamos a ser maís as persoas implicadas co proxecto aportando diferentes puntos de vista na construcción inicial da comunidade. Pode que a simple vista non se aprecien avances sustanciais pero precisamente é porque queremos facer as cousas ben e de forma horizontal, e estivemos ultimando e retocando o proxecto co fin de adiantarnos a problemáticas futuras, habituais en todo tipo de moedas e de asociacións, que coñecemos ben mediante as diferentes experiencia das persoas que a día de hoxe conformamos o núcleo de traballo voluntario deste proxecto.

Unha decisión importante foi a de constituírnos como asociación para podernos relacionar coa administración e ter unha ferramenta xurídica para facilitar o bo desenvolvemento do proxecto. Acordamos que esta asociación, que estará ao servicio da comunidade que use a moeda, se chame O Consello da Sabia. Servirá para formalizar os consensos acadados por toda a comunidade mediante diferentes ferramentas e espazos de decisión presenciais e dixitais. Ademáis desta forma obligámonos a pensar moi ben o funcionamento da moeda e establecer procedementos claros para todo tipo de cuestións.

Logo provisional recén saído do forno.

Tamén puxemos a andar unha conta de twitter (@ASabia12) e estamos preparándonos para iniciar unha campaña de difusión entre colectivos afíns aos valores do proxecto. O noso obxetivo e acadar as primeiras 100 usuarias rexistradas na aplicación antes de comezar a crear unidades monetarias. Axúdanos a conseguilo rexistrándote aquí e compartindo o proxecto coas túas amigas.

Vamos amodo porque vamos lonxe.

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: