¿Que se falou na presentación da Sabia en Santiago?

O Sábado pasado as asistentes que viñeron á presentación comentaron cousas moi interesantes e fixeron algunha proposta, despois de ter rematado unha breve presentación da moeda. Estas aportacións son as que fan que o proxecto vaia avanzando e mellorando cada vez máis. Parécenos importante que os temas que poñedes enriba da mesa sexan compartidos con todas as que estamos interesadas nesta moeda.

O aspecto no que se fixo máis fincapé foi no tema dos obxetivos da moeda. Que se pretende conseguir coa moeda? Pois ben, se se pretende fomentar un consumo de proximidade e recoñecer outras formas de valor que escapan da lóxica mercantil entón hai moitas formas de conseguilo. A Sabia plantea dous mecanismos para conseguilo, pero non son os únicos. Propoñemos que a moeda só se poida utilizar en Galicia, a través de eliminar da aplicación a calquera usuaria que estableza a súa dirección fora deste territorio, animandoas a crear a súa propia moeda rexional. Na práctica non é algo fácil de controlar, para o que faría falta unha funcionalidade extra na aplicación (que comprobase a túa localización de gps antes de realizar unha transacción, e ainda así vai ti saber se sería efectivo). O outro mecanismo para materializar os nosos valores é decidir a través da asamblea quenes reciben as novas Sabias que se poidan ir creando.

Sen embargo, a través do deseño dunha moeda hai outras formas de cambiar os nosos hábitos de consumo e así recoñecer o verdadeiro valor das cousas. Unha opción que se comenta constantemente é a importancia de facer educación sobre os impactos que teñen diferentes formas de consumo e en xeral unha reflexión colectiva sobre o valor das cousas. Sen dúbida unha liña de acción complementaria á utilización da moeda, á que se pode contribuír polo mero feito de xerar masa monetaria que só circule no noso territorio, como forma de poñer en valor o consumo de proximidade e o aproveitamento do potencial productivo e económico de Galicia, que está sen aproveitar entre outras cousas por falta de cartos en circulación. A nivel educativo hai que destacar a importnte achega que fai cara a comprensión do noso sistema monetario, xa que as mesmas preguntas que nos debemos facer para convencernos de usar a Sabia son as que nos deberíamos facer para saber como funcionan os euros e como se deberían mellorar.

A pregunta que se facía era a seguinte: ¿Debe a moeda por deseño tomar unha posición clara con respecto ao consumo responsable? A moeda pode influir positivamente a través do seu deseño, xa vimos tres formas en que pode axudar (educación, consumo proximidade e doacións a proxectos) e realmente o único mecanismo que queda por explorar é o de controlar quen pode usar a moeda e quen non. E este é un punto controvertido.

A nosa aposta inicial é por facer o uso da moeda tan libre como sexa posible. É decir, que calquera persoa, empresa ou organización que o desexe poida utilizar a moeda e ofertar os seus productos e servizos no market online. Sen embargo, aínda pretendendo un uso totalmente libre da moeda establecemos uns límites. Neste caso calquera producto ou servizo amplamente denostado pola sociedade que poida danar a imaxe do proxecto pode ser retirado do mercado online. A asamblea reservase este poder de moderación no market online para evitar a proliferación de actividades criminais que se aproveiten do uso desta moeda. É algo básico.

Pero claro, a cuestión é a seguinte. ¿Se a meirande parte de usuarias da moeda pensase que as grandes multinacionais fan máis dano que ben para a economía galega, o medio ambiente, os animais,por cuestións de dereitos laborais ou polo que sexa, entón por qué non establecer que a moeda non pode ser usada por estas empresas? E neste caso por qué non extender a prohibición a calquera forma de producción dañina nalgún sentido? Facer isto evitaría o chamado green washing e reforzaría unha posición ideolóxica da moeda, comprometendo o consumo aínda máis cara o consumo responsable pero suporía unha limitación á hora de que a rede medre e aumente o respaldo en forma de número de opcións para gastala. Iso sí aumentaría o respaldo en forma de valores éticos da moeda para algunhas persoas que pensen que as grandes superficies fan máis dano que ben. Pero claro, non todo o mundo pensa así e o que é un valor positivo para algunhas persoas pode ser algo negativo, unha discriminación ou limitación innecesaria, para outras.

Sería imposible chegar a un acordo consensuado sobre o que é positivo e o que é negativo e quenes poden usar a moeda e quenes non. Para que esta limitación sobre o uso da moeda fose un aspecto totalmente positivo requeriríase un traballo previo de reflexión e formación de toda a sociedade sobre os impactos das diferentes formas de producción. A cuestión sería a seguinte: ¿Prohibir o uso da moeda as grandes corporacións axudaría en algo a que esta se espallara e chegara a ser utilizada por máis xente, e desta forma fomentar o consumo responsable ou unha relfexión sobre os impactos do consumo? Penso que a resposta non está clara. Non habería que esperar a que se de a circunstancia de que algunha grande superficie se queira adherir. Desde o primeiro momento pode haber discusións sobre que formas de producción admitir e cales non. Por exemplo se admitimos productos non veganos. Faise preciso tomar unha determinación inicial ao respecto, facer unha aposta e sentar unha expectativa que non sexa traicioada. E se un grupo de persoas consideran que debe existir unha moeda máis posicionada ideolóxicamente porque creen que terá máis valor, que proben a crear a súa e demostren que efectivamente unha posición no respecto a que usos están permitidos confirelle maior valor e capacidade de medrar. Seguro que unha moeda vegana ten un gran potencial. Pero que esté claro dende o principio.

Por esta simple cuestión dicídese priorizar a inclusividade no uso da moeda e non pechar a porta a formas de producción que nos poidan parecer dañinas, se queren utilizar a nosa moeda. Ao final todas seguimos cun pé dentro do sistema visto dende algunha persepctiva. Abrindo a porta a case calquer tipo de bens ou servizos (establecendo unhas liñas vermellas) a utilizar a moeda, perdemos unha ferramenta para materializar os nosos valores, controlar quen entra e quen non, o que faría que o compromiso de aceptar a moeda sexa un compromiso de facer un consumo responsable automáticamente. Pero por outro lado xeraría maior dependencia das usuarias á asamblea, xa que esta podería decidir expulsalas en base aos criterios maioritarios, e as maiorías sempre son odiosas, xa que expulsando aos que pensan diferente acabarán sendo maioría cada vez menos. Ademáis a cuestión das expectativas é fundamental, e que o proxecto vaia cambiando de criterio é un valor negativo, xa que en xeral unha forma de diñeiro gaña moito de ser predecible.

O obxetivo desta moeda é precisamente ser amplamente utilizada, xa que consideramos que é unha prioridade que calquera tipo de persoa poida experimentar o poder de utilizar unha forma de diñeiro diferente. Renunciamos a esta ferramenta de controlar quen entra e quen sae da moeda pero podemos seguir vetando no mercado online a productos ou usuarias amplamente denostadas por toda a sociedade (tamén renunciando a normalizar a producción e o consumo de bens ou servizos que son denostados, ao noso parecer, inxustamente) e decidir xuntas que formas de valor recoñecemos a través de asignar as novas Sabias que vaiamos creando, que poden recibir proxectos que traballan polo ben común, ou productoras que teñen un impacto ambiental ou social positivo. Calquera actividade que xera un beneficio colectivo que sistemáticamente é excluído pola lei da oferta e a demanda (que traballa con beneficios individuiais). É para poder crear moeda hai que poder medrar.

Xa rematando xurdíu unha proposta moi interesante. Comentouse a idea de facer unha especie de talonarios ou libretiñas onde apuntar as transaccións para as persoas que non se manexan coas ferramentas dixitais. É unha opción moito máis económica que crear billetes e moedas infalsificables e habería que ver como fixeron estos talonarios noutras moedas e que garantías de seguridade ofrecen. Aínda que a moeda comeza únicamente en formato dixital, se se considera necesario, en calquer momento se pode introducir unha tecnoloxía en formato físico para lograr unha accesibilidade moito maior. Hai que valorar a seguridade e o coste de cada opción pero os talonarios comentados poden estar ben para este momento inicial.

Finalmente tamén se comentou a necesidade de contar coa experiencia de outras moedas alternativas que funcionaron no pasado ou que siguen funcionando. Neste sentido quenes viñeron á presentación comprobaron que ao explicar as decisións de deseño da Sabia se notaba que había un grande traballo detrás e un coñecemento e experiencia previos en outras moedas que fracasaron. Intentamos non cometer os mesmos erros que levaron a outras moedas a non alcanzar todos os seus obxetivos. Pronto publicaremos un vídeo no que xustificaremos todas as decisións de deseño como a anteriormente mencionada do uso libre.

Seguro que me quedaron moitas cousas no tinteiro pero bueno, se queredes enterarvos mellor de como funciona a moeda e de como podedes colaborar achegádevos vós tamén a algún encontro presencial. Un saúdo!

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: