Poñemos a proba a Sabia ante unha audiencia crítica.

O pasado día 16 de Outubro do 2019 aproveitamos un taller que se realizou no IES A Guía de Vigo sobre as fintech para presentar como exemplo concreto de aplicación de novas tecnoloxías ao mundo das finanzas a nosa Sabia. Neste taller compartimos fundamentos básicos sobre as moedas (política monetaria e respaldo) e sobre como a tecnoloxía foi definindo ao longo da historia o tipo de diñeiro que manexábamos, e en especial as utilidades, o que se podía facer con él.

Para aplicar todos os conceptos que presentamos lles achegamos un proxecto concreto, a nosa moeda, que estaba a darse agora mesmo en Galicia. Isto captou a súa atención e a charla foi un éxito rotundo. Tanto o alumnado como as profes que asistiron lograron comprender a importancia das fintech na forma en que nos relacionamos económicamente as persoas e viron o potencial que teñen as moedas alternativas, tanto as criptomoedas como as moedas sociais. Tamén falamos das limitacións de calquera forma de diñeiro, e en concreto de que aínda que os nosos cartos, os euros, adquiran novas funcionalidades gracias as novas tecnoloxías, o seu deseño segue sendo o mesmo (como se crean, quen o fai e como se introduce este diñeiro na economía). Por iso nos centramos en poñer no seu lugar á tecnoloxía dentro de todas as formas de respaldo que lle confiren valor a unha moeda, e resaltamos o fundamental papel do deseño, que pasa habitualmente inadvertido. Desde esta perspectiva foi moi doado comprender o fenómeno das criptomoedas e de outras formas de diñeiro alternativo como a Sabia.

Podería sorprendervos pero o grande interese mostrado e o enganchados que estaban na charla non significou que estiveran en absoluto de acordo co plantexamento da nosa moeda. Foi moi enriquecedor escoitar moreas de preguntas e críticas que non só viñan a demandar máis información sobre o funcionamento da moeda (xa que tivemos que pasar bastante por riba durante a presentación) senón que dado que eran estudantes de ciclos superiores relacionados coa economía e as finanzas puideron achegarnos críticas, observacións e verdadeiros dilemas que este artigo ten como finalidade compartir con todas vós.

Algún dos temas máis repetidos era o encaixe legal da moeda, que non lles quedaba en absoluto claro. Se en principio os concellos non poden controlar o uso que se fai da moeda é difícil para eles controlar que se declaren os ingresos en moeda social e se paguen impostos, e veían que se podía fomentar a economía sumerxida. A este respecto tivemos que facer saber que existen estudios académicos que avalan o grande impacto positivo que estes sistemas de moeda alternativa teñen para as comunidades e para as economías de pequenas e medianas empresas, con casos de éxito que demostran estas observacións. É certo que as moedas sociais, igual que o diñeiro en efectivo ou as criptomoedas, presenta dificultades para o control por parte das autoridades recaudadoras, o que pode levar a unha perda de ingresos a través de impostos. Pero tamén é certo que estes sistemas traballan por uns obxetivos comúns aos dos estados e resolven de forma autónoma algúns problemas que difícilmente saben como abordar con éxito as institucións. Ademáis non é verdade que se reduzan os ingresos. Os concellos con moedas locais exitosas reciben unha grande cantidade de ingresos xa que as tendas e comercios da rede declaran as ventas en moeda social coma se fosen en euros, e como a moeda incentiva o consumo de proximidade, a súa facturación aumenta e acaban pagando máis impostos. Non ten máis omplexidade que o diñeiro en efectivo, coa condición de que este diñeiro só se pode gastar na rede de comercios e persoas que utilizan a moeda, a diferencia dos euros que fácilmente acaban nas bolsas internacionais especulando contra a débeda de países en dificultades, por poñer un exemplo de como saen do circuito económico local. A cuestión que plantexaban resúmese en se o estado ten que encargarse persoalmente de resolver todos os problemas ou se pode deixar espacio para que cohexistan outros mecanismos autónomos que demostren resolver problemas da sociedade reais, como a falta de inclusión social, económica ou o desaproveitamento do potencial das economías locais e rexionais.

Outras apuntaban que unha moeda rexional lles parecía moi limitante, xa que como bós estudantes de comercio internacional, saben as vantaxes que ten unha economía global. Se cadra esquécene un pouco dos inconvintes como a cantidade de recursos que se importan e se exportan simultáneamente entre os países, e o gasto de combustible que isto conleva. A moeda restrinxe o seu ámbito de actuación porque pretende fomentar o aproveitamento dos recursos locais e o consumo de proximidade, cohexistindo coa moeda oficial que permite os intercambios a nivel global. Da mesma maneira, que non se poida intercambiar por outras moedas lles resulta un problema, xa que o risco que asumes ao aceptala é bastante grande. É certo que en caso de que perdas a confianza na rede tes que atopar a forma de gastala, algo que pode ser cada vez máis difícil se todas perdemos simultáneamente esta confianza. Poseer a moeda é un risco xa que o proxecto pode fallar. Valoraron que os riscos persoais eran demasiado elevados comparados con seguir aceptando euros.

Tamén apuntaron un aspecto moi importante que subxace ao proxecto. Unha rapaza comentaba que ela non se vía participando nin invertindo en mercar a moeda, porque non lle vía ningún beneficio inmediato (polo menos ata que a poidese gastar en algo que verdadeiramente lle interesara que se ofertara na rede), e que na súa situación de precariedade, como a de moita xente, non tiña nin tempo nin recursos para participar. En xeral creo que as persoas presentes tiñan claro que precisaban conseguir euros o máis rápido posible para despegar as súas economías persoais e emprender os seus proxectos coas mínimas débedas posibles, e non vían nada claro priorizar o uso da moeda a esta cuestión. E o certo é que para participar na Sabia debemos ter polo menos algo de tempo ou recursos inutilizados que queiramos poñer a disposición da comunidade. É dicir, se non houbese ningún excedente, ningunha márxe de actuación, se fósemos completamente escravas do sistema como para ter que empregar todo o noso tempo para satisfacer as nosas necesidades básicas, a moeda non sería unha solución. O potencial da moeda existe porque todavía non somos completamente dependentes deste sistema no que os euros (e outras moedas fácilmente intercambiables por euros) son o sangue que permite que todo nesta esfera económica da vida ocorra. Se temos a convicción de que a moeda é unha ferramenta necesaria neste momento para a transformación das relacións económicas e sociais é porque pensamos que existe unha riqueza bastante distribuida en forma de tempo de lecer, habilidades, coñecementos e demáis formas de valor, que escapan ao control e sometemento polas relacións económicas imperantes. Todavía hai moita vida en liberdade, que moitas loitas no pasado costou gañarse, e que deposita un gran poder nas nosas mans, nas de todas e cada unha de nós (nalgunhas máis e noutras menos, tamén está claro).

En definitiva o proxecto lles parecía obrigado a medrar moi lentamente, a medida que cada unha de nós daba pasiños, comprometéndose a aceptar a moeda na medida das súas posibilidades de gastala, e esperando que outras se unan e así poder ir ampliando esta cantidade. E claro, para quenes estamos acostumadas a proxectos revolucionarios que estan esperando que a peña se lanze de cabeza ou que chegue unha gran inversión para lanzarse ao estrellato, esta perspectiva de crecemento da Sabia nos pode parecer demasiado lenta. Queremos as cousas rápidamente e xa, e a moeda, polo seu deseño, obriga a limitar o grado de implicación e de participación ao estar únicamente respaldada pola súa utilidade para mercar bens e servizos na rede e por funcionar a base de traballo exclusivamente voluntario. Constitúe polo tanto unha inversión con retorno máis colectivo que individual, e polo tanto require pasar a unha mentalidade cooperadora e facer pequenas apostas (cada vez maiores a medida que se ve un feedback positivo da comunidade) polo ben común. Sen dúbida eran persoas moi atentas e capaces á hora de comprender os riscos e os posibles beneficios persoais de usar a moeda, pero hai que saber facer valer o poder dos cambios pequenos e a importancia de adicar parte dos nosos esforzos e inversións persoais por tratar de coidar do colectivo. Desas redes de apoio mutuo e solidaridade que nos poden acabar recollendo cando outros sistemas nos deixan caer. Se cadra non sempre estaremos nesa posicción privilexiada na que podemos aportar ao mundo moito máis do que precisamos recibir e algún dia nos toque a nós deixarnos axudar. Neses momentos seguro quesabemos apreciar a sabiduría que atravesa os proxectos adicados a tecer estas valiosas redes, sobre todo nun momento no que cada vez parecen estar máis desaparecidas e nos sumimos nun individualismo tenebroso.

Espero que as ideas que compartiron vos fagan pensar tanto como a nós. Gracias por seguir atentas ao proxecto e interesarvos por estas cuestións tan importantes. Un saúdo.

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: