Mostra do Posible 2019

O día de hoxe foi moi especial para a Sabia. Estivemos na Mostra do Posible, en Cangas do Morrazo, presentando a nosa moeda públicamente por primeira vez. A Mostra do Posible é un punto de encontro para moitos proxectos de autoemprego, economía social e solidaria e movementos sociais. Un lugar ideal para comezar a tecer unha rede de persoas, empresas e proxectos con moito valor.

Ademáis de presentar a moeda tivemos bastante tempo para charlar e puidemos escoitar as opinións e aportacións de moita xente diferente. Queremos recoller aquí algunhas das ideas que foron máis comentadas:

  • A importancia da dinamización a través de nodos locais. É fundamental que a moeda, a pesares de ser dixital, conte con espacios de encontro reais onde coordinarnos, coñecernos e realizar intercambios.
  • Reflexionar sobre os porqués dos fracasos de moitas moedas sociais e bancos do tempo e aprender deles.
  • Priorizar a labor divulgativa para que a xente coñeza o proxecto pero sobre todo que se entenda. Tratar de atopar un estilo comunicativo accesible que faga doado comprender a moeda en toda a súa dimensión: dende o por qué do seu deseño ata consideracións prácticas de uso. Apoiarse en material gráfico.
  • A moeda é o de menos. O importante son as relacións humanas e os intercambios. Estas deberían ser as protagonistas do proxecto. A moeda en sí só é unha ferramenta.

A acollida foi moi boa e penso que todas desfrutamos moito intercambiando dúbidas, reflexións e ideas para levar adiante a nosa moeda. Moitos proxectos cun gran valor mostraron o seu interese por ser receptoras das Sabias de nova creación para axudarlles a visibilizar o seu traballo e incentivar a participación da xente como voluntaria en actividades cun gran beneficio social ou ambiental. Así mesmo algunhas persoas xa deron o valente paso de rexistrarse na aplicación e unirse ao grupo de Telegram, e hai vontade de organizar charlas para presentar a moeda en outros lugares, así como de participar activamente na dinamización do proxecto.

Moi boas sensacións nun día cargado de ilusión e moita satisfacción polo interese mostrado pola xente. E sobre todo moi agradecidas coa Mostra do Posible por facelo posible.

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: