Presentación do proxecto

Xa levamos meses traballando nesta moeda e coa axuda de diferentes persoas expertas neste tema logramos poñer a funcionar técnicamente unha moeda, aínda sen usuarias, cun deseño orixinal que prima a simplicidade e a facilidade para materializar uns valores comúns. Agora comeza un longo e permanente traballo de dinamización que esperamos que acabedes compartindo con nós.

Durante esta primeria fase, previa ao lanzamento oficial da moeda, estamos intentando que persoas, comercios e proxectos se comprometan coa moeda rexistrándose na aplicación e dando a coñecer o que ofrecen, incluso antes de poñer en circulación ningunha Sabia. Sería un acto simbólico de compromiso co proxecto a espera de sumar suficientes persoas como para dar o paso de facer a primeira creación de moeda para así comezar a realizar intercambios.

Para isto estámonos poñendo en contacto con persoas, organizacións e empresas afíns aos valores da moeda. Ao mesmo tempo tentaremos chegar a un sector máis amplo mediante unha serie de encontros abertos nos que non só queremos informar do funcionamento e do deseño da moeda se non que queremos establecer colaboracións e alianzas, e que aportedes todo o que queirades á construcción desta comunidade.

Este proxecto non tería ningún sentido sen persoas e proxectos vitais reais detrás. A moeda estase realizando a custe cero e mediante aportacións voluntarias. No noso deseño a participación é algo central e imprescindible. Informarse, vir ás asambleas, asumir tarefas e responsabilidades de forma voluntaria e ante todo utilizar a moeda todo o que se poida.

A estes primeiros encontros levamos o traballo máis básico feito (aplicación, páxina web, correo-e, deseño e logo) de modo que a moeda sexa completamente funcional. Sen embargo sabemos que unha moeda galega é moito máis que unha ferramenta tecnolóxica, é unha comunidade viva. Son moitas as tarefas imprescindibles que quedan por facer:

  • Difusión
  • Formación
  • Facer mercadiños e encontros
  • Atopar sinerxias entre proxectos e empresas
  • Emprender proxectos novos
  • Facer rede con iniciativas similares
  • Explorar novas tecnoloxías
  • Acompañar as novas usuarias
  • Documentar o estado do proxecto
  • e moitas cousas máis que seguro se vos ocorrerán…

Presentar un deseño pechado non é o máis radical do mundo, pero permite que as expectativas das participantes estean bastante claras, e evita que se incorpore xente que discrepe coas liñas xerais do proxecto, evitándolles perder o seu tempo debatindo decisións de deseño excluíntes. Estamos abertas a axudar a calquera outra moeda con implantación no territorio galego que comparta os nosos valores, e a calquera colectivo que queira montar a súa propia moeda coas regras e características que considere oportunas. Valoramos positivamente que exista unha diversidade de moedas ao noso alcance que nos permitan aprender unhas das outras.

Todavía non temos datas e sitios fixados para estes encontros xa que estabamos ultimando os detalles técnicos da moeda antes de presentala en público para que xa se poida ir rexistrando a xente que se vaia animando, incluso antes de que creemos as primeiras unidades. En breves fixaremos unha serie de datas en distintos lugares de Galicia para ir presentando a moeda ata lograr o compromiso de suficientes persoas e comercios que demostre que existe un interese. En caso de conseguilo seguirá unha primeira asamblea aberta na que faremos unha primeira creación de moeda a repartir entre tódalas usuarias comprometidas. Estade atentas!

Para saber máis esta é a nosa páxina.

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: